miércoles, 28 de enero de 2015

a caricatura máis fiel do corazón
faise cando se aplasta cun golpe de zapato
para logo volver a hinchalo cun bombín especial,
deses que insuflan aire inerte, sen unha gota de vida;
vale durante un tempo pero tarde ou cedo hai que utilizalo,
mais vale telo a man polo tanto, para evitar accidentes inncesarios,
tamén serve forralo con metal a proba de balas,
ou poñerlle unha barandilla de seguridade para que ninguén o toque,
facelo insensible a proba de aburrimento e desvaríos sentimentais,
cubrilo, tamén, con goretex, ó que lle resvalen os romanticismos hipócritas
e por suposto, vomitivos para certos estómagos sensibles;
lembren señoras e señores, que o romanticismo e os seus románticos non alimentan, gracias a Deus!
alimentádevos, mellor, ca realidade cruda ou pasada por auga,
de panos quentes de vez en cando, pero tamén de verdades en salazón,
das carcajadas fieles que suscitades e das que sodes capaces de provocar,
de tódolos colores da alma, porque nunca é monocromática,
da vida a enormes culleradas, e se desbordan mellor,
porque todos necesitamos, algunha vez, levar un golpe no corazón para saber que segue vivo
e que aínda nos podemos rir del.




No hay comentarios: