miércoles, 30 de junio de 2010

Porque alí estiveches cando a derradeira lúa do mes encumiou o ceo e sen escrúpulo algún, berrácheslle o fermosa que estaba con aquel colar de estrelas ó redor do pescozo. Ruborizouse toda mentras Febo se escondía tras ela cheo de ciumes unha hora antes do acostumado;
intentaches darlle caza cunha rede demasiado pequena e rompeu xunto coas túas esperanzas de furtivo apixonado, esquencendo que un querer tan alto non se engaiola en casa de ferro.