lunes, 19 de octubre de 2009

Nadando en barras baixas
o ollo surfea ondas de palabras,
o vaso arquea cara un horizonte de resaca
mentres a guinda do derradeiro martini
abanea no estómago sen conseguir afundirse.
Badeas a piscina do sexo horizontal
co corpo alongado da madeira como táboa.
Berro de tránsfugas nocturnos,
indiferentes, sobre o pé dereito ou sobre o esquerdo,
porque o alcohol sempre leva o mesmo camiño.

LETANIA DE DESINTERESES


En el nombre del pollo,
de su primo y del dinero,
un rezo impúdico en el fondo del bolsillo
con letra minúscula de una letanía de desintereses,
tu nombre bordeando la boca roja a punto de lengua,
viperina y aburrida a la espera de una palabrota ocurrente
con la que manchar el aire.
El oído pegado al ojo por si acaso te duele algo,
una marcha nupcial a ritmo de funeral
y la saliba ahogando el corazón.
Las mil palabras que nunca se dicen
escritas en los bordes de un libro sin páginas
esperando a entrar en catálogo,
un telescopio que se compadece de las lágrimas de cocodrilo de la luna
porque el sol no le regala cinco minutos.
Mi culo residiendo agradecido entre las manos de un prójimo,
en el nombre del padre, del hijo que nunca tube
y del espíritu de cualquier santo de a pie.
El encontronazo del mundo contra el cristal de la vida,
los pedazos en el suelo y nadie para recogerlos.

domingo, 4 de octubre de 2009

Fechaduras rotas por equivocación,
medo a roubos furtivos con sentimento
pola verba extraña dun coñecido,
un vaso de auga no que afogar de sede
logo de séculos de minutos escuros
acompasados da sobriedade
dunha noite de música estridente.
Un can Cerbeiro atropelando a porta de entrada do sendeiro do frío,
mentras os primeiros autobuses do desexo agardan pasaxeiros,
unha caída seguida por mil pasos
cara a loucura lúcida dunha vida que esperta cara outra,
calcetíns de tomates con vocación de podólogos,
extrañados de terse coñecido.
Un golpe de sorte trala derradeira esquina
agardando unhas letras no seu nome,
dúas letras negras e escarlatas que choran
por non ser escritas na oda á memoria,
un espello sen reflexo e sen ninguén en quen mirarse,
o corredor onde habita sen pegadas que limpar
e sen zapatos cós que berrar.
Un poema con antollo de ser canción
e ningún acorde perto do corazón.