martes, 13 de enero de 2015

Es o son dunha gaita,
o sorriso eterno da música,
o incansable alento das noites de troula,
un pasado que nunca morre,
o presente que perdura
e o futuro dos nosos corazóns,
es pai da alegría e da femineidade,
de tres corazóns que te queren
e que quixeches sen condición,
es esposo amado e amante,
es a man que nunca se retira,
es amizade imperturbable,
lealtade, honra e bondade baixo morna pel,
es a herdanza de tempos mellores,
o compromiso da palabra inquebrantable,
a promesa dun foi e dun será,
somos, sobre todo, a mellor parte de ti,
aspiramos a ser un anaco do teu corazón.
                  Ca música na alma alá onde estés, avó

No hay comentarios: