martes, 10 de agosto de 2010

A PUNTO DE RIMA


estaba demasiado agusto,
agardaba case calquera cousa menos ese adesgusto,
esbaráchelo apenas sen querer por entre os beizos
así de paseniño como cando o traxe se quita o buzo.
o egoismo foi o meu 'petrucio',
se ti non es capaz eu fareino con sumo gusto,
xa chega co meu posible dano,
pero o teu sería inxusto.
plantareime enteira de busto
pequeno pero ben chusco,
e deixarei de facer todo o que non é xusto.
sen embargo, aquí estarei para ti,
restándolle á miña vida momentos convulsos,
para que o resto dela siga o seu curso.

No hay comentarios: