jueves, 12 de agosto de 2010

XOGANDO Ó AFORCADO

Ves aquela forca alá no fondo, colgando da miña vergonza lonxana?
estame agardando fai moito tempo como saudándome coa mirada.
Pendureina ahí, por seacaso, algunha vez a necesitaba,
e imos tirando, por certo, pero a cada paso de máis mala gana.
Berroume, o outro día, que por que non a limpaba,
que máis quere, pregunto, pois xa a súa cor é apagada
e a fin para a que serve nunca implicou limpala,
soberbia se muda por estar ahí pendurada
e non sei canto tempo dure sen darlle o seu corpo algunha traza.
Fixacheste que me fita de día en día, de semana en semana?
Creo que me está gustando ter unha corda namorada,
e se é certo que o amor sabe de sentimento e mais nada,
pronto irei de viaxe para ir visitala,
só agardo que no noso contrato inclúan as vacacións pagadas,
por que esta clase de aventura non está ben remunerada.
Antonte na penumbra afirmou que me quería,
asi que terei o pescozo presto para a nosa travesía.

No hay comentarios: