Pasaban, asubiando notas eternas namentres eu desfollaba calquera pensamento descoñecido que as rondaba no cadro escuro da noite, aliviaban a miña carga mentras eu só desexaba a súa.

Xulgádeme corrupto na cama!
Arroupádeme co voso suor!...
...non sexa que chegue o mencer antes de que vos mate no meu pensamento.
Sinto pegadas de auga cerca dunha idea, non quero que afogue, é a única que teño para regalarche xunto coa miña dignidade abxecta coma o teu reflexo naquel cristal, lembras?.
Asasináchesme o outro día do mes pasado, ou asasineime eu o Venres de Pascua sen lembrarme de Deus nin de min, porque ti xa facía toda unha vida que eras eu; nunca choraches de dor polas miñas carnes e os meus osos que se mataban para alonxarse de ti.
Xa só Caronte me compadecerá porque levo a derradeira moeda que me deches no peto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario