martes, 22 de marzo de 2011

O teu reflexo, lembras?
A pesar dos anos, dos problemas,
a pesar de nós,
chámante pai pero es táboa de salvación,
amigo, compañeiro, confidente,
un pouco dos dous,
os dous un pouco de ti;
un par de oídos que nos escoitan,
un par de mans que nos soteñen para non caer,
un par de ollos que nos coidan,
o recipiente dos nosos aprecios,
o noso orgullo, o noso exemplo para a loita,
igual a min, igual a él,
o máis querido do noso mundo,
o alento co que nos levantamos ó tropezar,
toda unha vida de cariños e promesas cumplidas,
o noso pai e a nosa razón de ser.

Para un pai que nunca se rende

No hay comentarios: