domingo, 6 de marzo de 2011


chámante pel pero es 'Caixa de Pandora',
acocho e refuxio de paixóns,
de segredos irrenuncibles que non quixeras contar
pero que se len cós roces quentes do desexo,
ábreste como un libro vomitando sentimentos,
pedindo, berrando por momentos irrepetibles,
por cariños efémeros, por amores de romance,
nunca soubeches de perdóns nen de arrepentimentos,
nunca quixeches saber,
como a nai doida que arreda dun fillo,
como o vento que nunca se queda,
como o que non ten casa nen a quere porque amolece,
un xuntarse dous e facer un,
es miña e recoñézote.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Adoro como tejes las palabras, como maduras los versos y lo que denotan tus constantes vitales.