viernes, 2 de julio de 2010

CONTIGO SEN MIN

Viches morrer a miña conciencia dende o teu vaso; ben sabes que nunca che votaría a culpa pero aquel día precipitámonos ambos por aquel sumidoiro, lembras? Aquel billete sen retorno saíunos demasiado caro.

Adicácheste a subir ata a miña cabeza xa bastante doida de por si, berrándome ata a saciedade da noite que naquel micromundo noso non existía o arrepentimento e mentíches!, o triste deste conto sen perdices que levarse á boca é que eu me deixei gustosa.

E agora qué?

Ti seguirás na túa botella abxecta observándome e eu, tan pobre de espíritu como o nome que te envolve, deixareime namorar, unha, dúas e mil veces máis.

No hay comentarios: