lunes, 19 de octubre de 2009

Nadando en barras baixas
o ollo surfea ondas de palabras,
o vaso arquea cara un horizonte de resaca
mentres a guinda do derradeiro martini
abanea no estómago sen conseguir afundirse.
Badeas a piscina do sexo horizontal
co corpo alongado da madeira como táboa.
Berro de tránsfugas nocturnos,
indiferentes, sobre o pé dereito ou sobre o esquerdo,
porque o alcohol sempre leva o mesmo camiño.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

E se hai firmeza detrás das nubes? E se toda a potencia se encontra no baleiro?
Bicos
Carlos

Vanxe dijo...

03081981Se iso é así,
moitas cousas neste mundo parecerán menos caóticas e todo terá un pouco máis de sentido.
Gracias polos teus comentarios, sempre son moi ben recibidos
Unha aperta

Anónimo dijo...

Iso opinaba, polo menos, Niels Böhr, e concedéronlle o Nobel de 1910.
Tamén os indios canadenses que ergueron os primeiros rañaceos de New York. Podía camiñar tranquilamente por trabes estreitas, a centos de metros do chan, sen perigo ningún. Na súa mente, non había baleiro, senón espazo.
Bicos
Carlos

Unknown dijo...

esa noite non compartimos barra, pero recordo noites similares...

o camiño do alcol e tortuoso, beizos, lingua, esofago, estomago, miles de curvas intestinais, ril, figado, vexiga e inodoro...
si, si algun metabolito acaba facendo travesuras no circulacion, chega o cerebro, impide que digas o que pensas, como o pensas, pero esos son os excesos, en canto consegues recobrar os niveis adecuados no sangue todo volve o seu cauce...
vemonoooos.... ou iso espero