viernes, 11 de septiembre de 2009

CALDO DE CULTIVO

Ó fondo "Beautiful today" golpeando a realidade co martelo das dores;
os vampiros morden mentras docemente te matan nunha fin de semana,
unha copa de brugal amenizando o proceso,
fotos e lembranzas bailando no armario da memoria coletiva,
os trastos de dúas amigas botados polo chan
recollidos e sandados pola enfermidade da lóxica moitas horas e anos depois,
prexuízos, falsas impresións danando aquela esquina do corazón,
nais xordas de egoísmo e pais que carecen de menciña para todo,
superheroes rotos pola madurez,
unha muller que deixou de ter ollos de nena,
ollos que choran por ser adultos cada vez que espertan.
A negación que te fire de rebote e a explosión do golpe,
a morte do ser ou a conciencia da nada,
unha bágoa de luto polo que remata.

2 comentarios:

A. Doinel dijo...

Simplemente, precioso y certero.
Estás que te sales.
Besos mil

Unknown dijo...

xa non sei que me gosta mais, se a tua escrita ou as conversas...

teremos que falar mais, teras que escribir mais e a ver se me aclaro.

realmente non sei porque pero teño que destacar esa imaxe dos superheroes rotos pola madurez, impresionante!!

cuidado porque a este ritmo quedas sen colegas, sabes que a envexa e terrible...

bicos e parabens, de verdade que me alegrou o luns o martes e con esta derradeira releitura decidin deixar pegada, porque me quedaba sen palavras