viernes, 25 de septiembre de 2009

máis días, quizais novos problemas
quizais non mereza a pena,
quizais non son cobarde,
quizais o risco me alimente,
quizais a moreas para unha soa certeza,
pesada, segura e carente de dúbida,
lonxe da choiva pola cercanía dun corazón,
lonxe da seguridade pola premura do meu,
como Atila aplastando os toxos do medo,
como a determinación de Ulises por voltar a aqueles ollos,
coma min cando quero e non hai posible freo,
como que me queren,
como o agasallo que iso merece,
un agarimo, un grazas e un corazón enteiro,
atusados con cintas de cores e cas papeletas da ilusión,
mil verbas rosas que nunca escribira,
mil intencións que por elas existen nestas follas,
a carestía de adversativas que me inxectas,
a man firme que guía o bolígrafo,
a miña ou a do sentimento,
por todo e de nada, mil grazas polas palabras.

No hay comentarios: