viernes, 30 de mayo de 2008


DO QUE NON EXISTE


Encheu o peto con aquelas ideas e deixou de bailar. O seu tacto non era o de outrora, a súa pel enrugada berrou para fóra porque aínda estaba todo por intentar, porque se fose esa outra hora, outro o corpo e outras as mans, o seu ollo vería diferente, as palabras mudarían de voz e aquela música valdía de recordos e de son recuaría ó grao de nota para facerlle cóxegas ó xenio do autor.

Porque na dimensión desta idea, a caipirinha quere ser galega, o tekila é unha comida sen sal e estas letras teñen banda sonora; non existen as clases particulares de Moral, porque a imposición non funciona nen antes nen agora. Onde segue chovendo como variable inmutable porque existen os paraugas para resgardarte se che prace.

Sete ostias de sotaque para voltar á realidade; montou nun taxi de conversa pechada, do tempo e máis nada. Foi un soño de verdade, anque aquí tamén chove de forma invariable, teñas ou non inpermeable, unha idea nada da utopía ou viceversa, non se sabe, retazos cosidos a punto de galiña e sen base, pero o fin, nada muda se non se porfía.

1 comentario:

A. Doinel dijo...

Lo de que "el tequila es una comida sin sal" me parece una genialidad.