sábado, 24 de mayo de 2008


Un ollo de vidro requente polo sol de Maio albisca un trebón inminente da cabeza para abaixo, mentras un terremoto con epicentro no corazón supera cinco na escala de Righter. Estala o pánico dentro das veas e a sangue corre sen dirección certa, a rúa "do Corazón" quedou desfeita logo de tanta sacudida.
Esperanza percorre as vivendas baldeiras de moradores, sen ningún recuncho no que poder acocharse e aniñar un tempo mentras a choiva cesa. Non quedan verbas sanadoras para ela, coméronas as alimañas que engordan cada hora buscando comida pola estrada que leva a "Desesperación", cidade sen saída.
Esperanza canta ao medo con dúas patas, que sempre corre máis ca ela, para que deixe de arrastrarse trala súa pegada:
Cristal do meu ollo
arreda de min os malos antollos,
sen alma, sen veas na sangue,
sen bágoas, e sen bo tempo que acompañe,
esquencédevos de min, dores salvaxes.
Sen mirada coa que mirar,
sen verbas coas que falar
e rara vez alguén para escoitar;
sen corpo que posuír,
o esquelete fai tempo que non me pertence,
son osos de outro, membros dun extraño,
pensamentos e ideas dun descoñecido
que onte timbrou a porta para roubarme o alivio.
Bailade, cantade, embriagade os noxos
con alcool e outros antoxos
porque eu no son eu, nen vós sodes os de onte,
cando nos atopemos, atrás quedarán as nosas voces.
Esperanza seguíu correndo durante a treboada eterna, o ollo era o seu, a choiva só a mollaba por dentro, as vivendas estaban baldeiras porque ninguén máis habitaba a súa cidade e o medo andaba solto por ela.

No hay comentarios: