lunes, 19 de septiembre de 2011

MEDO

Caendo morrín ante os teus ollos de non tan neno despois de achegarme unha man que o orgullo nunca me deixou ver. Levantáronme a empuxóns os primeiros raios da mañá seguinte de non sei que día, nunha hora calquera e ti non estabas ahí para berrarme que se facía tarde para a miña vida.Seguín caendo logo do desaiuno e logo da comida e vislumbrei o chan xa cerca da cea pero ti seguías sen aparecer para lerme un conto no niño despois da caída.
Lástima dos heroes inexistentes á hora dos sustos, á hora das caídas, á hora dos medos de cada día.

No hay comentarios: