
Ameras no borde dunha copa e pregúntaste a que hora e en que momento quedaches só. Saíches pensando unha noite heróica e atopaches un nome de soidade, que non lembras polas copas, como aconteceu.
Eran as once e quedaches onde sempre, cós de sempre, que non por ser habituais obrigan á monotonía. Babexaches e babexaron pensándote; serpenteaches a ritmo de fume, alcool e música indecible. Lembraches tempos mellores e desexaches outras rutas con rostos e verbas diferentes ás xa saboreadas. Miráronte ollos acusadores agardando a saída cara un horario pactado entre catro paredes repasadas ata a saciedade cal catecismo de domingo, pero a pesar de todo fuches feliz porque sen días amargos non existen boas copas.
A gloria dos caídos no fragor da batalla nocturna, encóirase cos primeiros raios do día ou da lúa seguinte, non se sabe ben. Acontece que chegado o crepúsculo das vaidades, semellamos lobishomes de proceso invertido, nos que a verdadeira cara é o animal que levamos dentro, só visible co influxo da noite, con ou sen lúa. O espellismo do normal, da apariencia, comeza só cando os raios enganan e confunden á fera, deixamos entón de ser nós, mutando en outros que non podemos ou non queremos deixar de ser, eiquí o misterio da dobre personalidade da nosa especie.
2 comentarios:
espero no perderme entre las bestias nocturnas, aún stoy sediento de sangre
plas plas plas plas......
muy bueno, me gusta, realmente estoy decubriendo a una cirujana de las palabras, diseccionas limpiamente la realidad, presentando su entretelas al mundo y provocando reacciones, la mia fue pensar sobre ello...
te dejo mi reflexión:
es normal que solo salga por las noches nuestra deseada personalidad, segun avanza la oscuridad y libamos nuestras ofrendas nos vamos liberando del yugo del 3.000 años de esclavitud, perdon civilización y dejamos que los animales que llevamos dentro se relacionen sin los filtros que impone el formalismo de la luz diurna.
bikos y ata a noite....
Publicar un comentario