jueves, 16 de julio de 2009


Morrer como morren os ventos no último eido
para resurxir no derradeiro alento da morte,
morrer guindada a carón da esperanza de respirar
ficando no fondo cás kenyas
á espera dunha man que nunca chega,
resolvo tirar por min.
Achaqueime nos tempos da peste
cás bubas a supurar de todo, da cor da merda,
voltei morrer porque nada me mata senón eu mesma,
berrei para ninguén e lembrei que os leóns non choran,
contei ata cen voltando sobre cada pegada,
as cancións tristes so se cantan en Hill Street
e a cada minuto en calquera parte na que non quixera estar.

1 comentario:

A. Doinel dijo...

Dos últimos versos magistrales.
Un besazo