domingo, 9 de agosto de 2009

Descuartizou os meus pensamentos para convertilos nun montón volatil de cinzas xordas sen voz, deixou de pasearme andando a tres patas nas tardes de choiva nas que a confianza o era todo, e sentinme perdido para sempre no caldeiro do seu recordo.
Pasaban, asubiando notas eternas namentres eu desfollaba calquera pensamento descoñecido que as rondaba no cadro escuro da noite, aliviaban a miña carga mentras eu só desexaba a súa.

Xulgádeme corrupto na cama!
Arroupádeme co voso suor!...

...non sexa que chegue o mencer antes de que vos mate no meu pensamento.
Sinto pegadas de auga cerca dunha idea, non quero que afogue, é a única que teño para regalarche xunto coa miña dignidade abxecta coma o teu reflexo naquel cristal, lembras?.
Asasináchesme o outro día do mes pasado, ou asasineime eu o Venres de Pascua sen lembrarme de Deus nin de min, porque ti xa facía toda unha vida que eras eu; nunca choraches de dor polas miñas carnes e os meus osos que se mataban para alonxarse de ti.
Xa só Caronte me compadecerá porque levo a derradeira moeda que me deches no peto.


El poder modifica las entrañas
dejando un je ne se qua de omnipotencia en la boca del estómago
o del corazón, a gusto del animal,
la razón cauteriza la dignidad
en una suerte de beatería abstracta e indolora
actuando al fin el actor sin conciencia,
pronunciando la frase más antigua del mundo
"que pase lo que tenga que pasar
pero en otra página del cuento y con otro protagonista".
Más tarde en una mesita de noche,
un cuaderno llorará porque las palabras ya no vienen a visitarlo,
mientras un blues o un miserere con cualquier nombre,
intenta consolarlo mintiéndole en la penumbra,
a unos minutos del amanecer.
Nada que confesar,
nada en el haber de buenas obras,
todo por deber y aún más en el cuaderno de penitencia;
gordo, de poder, y la razón huyendo a cada paso,
más lejos cada vez de pedirle perdón al amanecer.

lunes, 20 de julio de 2009

EL MUNDO CON EL DERECHO TORCIDO

la vergüenza de un espejo,
un no quiero porque no me dejan,
una huída hacia el abismo sin freno de mano que llevarse a la boca,
dos pájaros picoteándose porque se quieren con dos huevos y medio de por medio,
la sombra de ella escapándose de su cuerpo por temor a que la manchen,
todas las campanas del mundo mudas por vacaciones,
las góndolas de Venecia en huelga por falta de carreteras,
una vida mía por unas horas de la tuya,
el sol llorando porque quiere un fondo gris,
las nubes muertas de risa porque los astros enloquecen,
mi conmigo, todos con los demás y nadie echándose de menos,
ahora que has llegado, un zapato por sombrero y la lucidez a cada paso,
una vuelta al mundo y un tercer ojo para verla crecer,
un aura que no se multiplica si no se alimenta al cubo de cualquier viandante,
la mía, la tuya, la de ellos, la de los conocidos y la de los que quedan por conocer,
el espejo con vergüenza de su reflejo pero feliz porque tiene zapatos para tapar su falta de cabeza.

jueves, 16 de julio de 2009


Morrer como morren os ventos no último eido
para resurxir no derradeiro alento da morte,
morrer guindada a carón da esperanza de respirar
ficando no fondo cás kenyas
á espera dunha man que nunca chega,
resolvo tirar por min.
Achaqueime nos tempos da peste
cás bubas a supurar de todo, da cor da merda,
voltei morrer porque nada me mata senón eu mesma,
berrei para ninguén e lembrei que os leóns non choran,
contei ata cen voltando sobre cada pegada,
as cancións tristes so se cantan en Hill Street
e a cada minuto en calquera parte na que non quixera estar.

sábado, 26 de julio de 2008


Chámame 'sola', respírame paseniño por medo á fraxilidade. Fálame entre susurros porque deixei de oír notas altas por un accidente de amor, tócame con guantes de látex para non luxarte cos meus malos pensamentos. Nada especial por fóra e recheo de galleta resesa no interior, a dozura do meu sabor foi pasando ós poucos, caducando coa decadencia dos malos momentos.
Son 'sola', sempre fun 'sola', etiqueta bravía como a miña condizón. Era de pel, de oso e varios corazóns, dous ollos fermosos que o pescudaban todo, que me vían a min, un sorriso con moitos dentes para verme a miúdo; era rosa por dentro e negra por fóra, era mestura de zucre e sal, xantar opulento dos días de festa, era as candeas dun aniversario continuo, unha Alicia sen tempo nin reloxo que inquerir.
Era 'sola' pero comigo. Nesta hora na que me perdo, no anterior minuto que non podo recuperar, perdinos e perdéronme toda, non escoito berros que me amosen o camiño de volta, nin fermosas zapatillas vermellas coas que voltar a casa.

miércoles, 18 de junio de 2008

ANIMAIS NOCTURNOS


A noite non se come, succiónase... ata a derradeira pinga de sangue mellorada por destilación.

Na contra que coas persoas descoñecidas dun segundo, disecciónanse e disecciónaste, para recoñercerte recoñecido, agardando mastigar algo mellor que o anterior... lástima!, todo se bebe... Os buracos da noite nunca se enchen. nunca se colman, enchémolos de alcool e fume e palabras podres. Os buratos da noite son feridas de vida, entón un pregúntase por que non foi ferido moito antes; por que ninguén lle ensinou a fumar e a alcoolizarse moito antes, moitas vidas antes.

Ameras no borde dunha copa e pregúntaste a que hora e en que momento quedaches só. Saíches pensando unha noite heróica e atopaches un nome de soidade, que non lembras polas copas, como aconteceu.


Eran as once e quedaches onde sempre, cós de sempre, que non por ser habituais obrigan á monotonía. Babexaches e babexaron pensándote; serpenteaches a ritmo de fume, alcool e música indecible. Lembraches tempos mellores e desexaches outras rutas con rostos e verbas diferentes ás xa saboreadas. Miráronte ollos acusadores agardando a saída cara un horario pactado entre catro paredes repasadas ata a saciedade cal catecismo de domingo, pero a pesar de todo fuches feliz porque sen días amargos non existen boas copas.


A gloria dos caídos no fragor da batalla nocturna, encóirase cos primeiros raios do día ou da lúa seguinte, non se sabe ben. Acontece que chegado o crepúsculo das vaidades, semellamos lobishomes de proceso invertido, nos que a verdadeira cara é o animal que levamos dentro, só visible co influxo da noite, con ou sen lúa. O espellismo do normal, da apariencia, comeza só cando os raios enganan e confunden á fera, deixamos entón de ser nós, mutando en outros que non podemos ou non queremos deixar de ser, eiquí o misterio da dobre personalidade da nosa especie.


O día é unha reflexión do que podes pero non queres, a noite, para facer o que queres pero non debes. Na escuridade agóchanse os que nos miran, os que xulgan e os que non teñen vontade por cobardía, de vivir sen vivir dos demais; esas alimañas que xermolan baixo os raios de Febo, morren ós poucos con pequenos actos de liberdade e espontaneidade alleos.


Bebede, fumade, bicádevos en exceso, condimentádevos cás pequenas cousas e que morra a intolerancia hipócrita. Ivernade o día, vivide a noite, demostrade que o fin non todolos gatos son parvos.


"Para todos os que se degoiran buscando novas rutas nocturnas e fican onde sempre porque o coñecido é mellor"

jueves, 12 de junio de 2008

JAZZ BAR I



Unha voz rota ao fondo da barra,
un piano no centro da estancia
chorando notas que quixeran ser jazz,
lástima da falla de tempo e de reloxo para contalo.
A saia vermella arrimándose
os pregues cheos de paixóns nocturnas,
a chave no peto sen porta que abrir
e sen pasos prestos para chegar a casa,
os rulos dunha solteirona,
o rouge vermello sen face nen anos,
saloucos no solpor de domingo,
a vida sen horas doces que levar á boca,
unha boca sen sede de outra.

Marcela seguíu apoiada de cóbados na barra de calquera bar, exibindo os sinuosos muslos que só a fina saia permitía imaxinar. Os pensamentos queimaban os seus mouros cabelos rizosos á mantenta; votaba de menos unha orella ou dúas, segundo o portador se prestase, cobizaba a ese alguén descoñecido que nunca chegou.
Aquel ron rematouse só, como os tres seguintes, Marcela non estaba en si, votábase de menos.
A voz rota do fondo da barra, o piano e as candeas, fundíronse nas mesas a ritmo da derradeira melodía ca que o improvisado jazzman daquela hora rasgaba o ambiente dulzón, un conglomerado de bafos apaixonados de fume de cigarro ou puro, segundo a cavidade dos petos ou da sorte vital de cada cliente.
Marcela, con ese nome que ben puidera ser de tango, resolveu seguir cos seus pensamentos, soa, na penumbra embriagadora do local.

Saia rumbosa das doce ás catro:
planchada de doce a unha,
manchada da unha ata seguinte colada,
de líquidos varios, propios da nocturnidade,
escondéndose con aleivosía
tras accións lícitas, agardadas e apenas confesadas
tras os primeiros raios do día;
café, quizais tostadas
e a volta ó esquecemento do asfalto.