jueves, 26 de marzo de 2015

quebranto inesperado da miña individualidade,
navegas paseniño ensinándome que a quentura non é cousa do AMOR,
deixando que encha o teu pensamento de cousas propias que nunca imaxinaras,
amosándonos un ser reflexivo ou recíproco que ningún dos dous quixo vender,
porque ningún quere perder esta guerra que comezou fai tempo
e que agora remata entre contras e mariposas,
ningún se dá conta, sen embargo, de que ambos somos cartuchos de fogueo
sen interese nen profundidade en compartir máis momento ca este.
se de momentos se tratase, este sería o primeiro e o ùltimo 
dun outro inconmensurable e saboroso que disfruto cómoda na miña boca,
unha vez e só unha porque o bó non ten que repetirse,
conservándoo simplemente no maxín do que foi bo por bo e por único.