miércoles, 28 de enero de 2015

a caricatura máis fiel do corazón
faise cando se aplasta cun golpe de zapato
para logo volver a hinchalo cun bombín especial,
deses que insuflan aire inerte, sen unha gota de vida;
vale durante un tempo pero tarde ou cedo hai que utilizalo,
mais vale telo a man polo tanto, para evitar accidentes inncesarios,
tamén serve forralo con metal a proba de balas,
ou poñerlle unha barandilla de seguridade para que ninguén o toque,
facelo insensible a proba de aburrimento e desvaríos sentimentais,
cubrilo, tamén, con goretex, ó que lle resvalen os romanticismos hipócritas
e por suposto, vomitivos para certos estómagos sensibles;
lembren señoras e señores, que o romanticismo e os seus románticos non alimentan, gracias a Deus!
alimentádevos, mellor, ca realidade cruda ou pasada por auga,
de panos quentes de vez en cando, pero tamén de verdades en salazón,
das carcajadas fieles que suscitades e das que sodes capaces de provocar,
de tódolos colores da alma, porque nunca é monocromática,
da vida a enormes culleradas, e se desbordan mellor,
porque todos necesitamos, algunha vez, levar un golpe no corazón para saber que segue vivo
e que aínda nos podemos rir del.




martes, 13 de enero de 2015

Es o son dunha gaita,
o sorriso eterno da música,
o incansable alento das noites de troula,
un pasado que nunca morre,
o presente que perdura
e o futuro dos nosos corazóns,
es pai da alegría e da femineidade,
de tres corazóns que te queren
e que quixeches sen condición,
es esposo amado e amante,
es a man que nunca se retira,
es amizade imperturbable,
lealtade, honra e bondade baixo morna pel,
es a herdanza de tempos mellores,
o compromiso da palabra inquebrantable,
a promesa dun foi e dun será,
somos, sobre todo, a mellor parte de ti,
aspiramos a ser un anaco do teu corazón.
                  Ca música na alma alá onde estés, avó

viernes, 9 de enero de 2015

YO, ESCLAVA

Soy esclava de mis pasiones, del placer de mi cuerpo y quizás del ajeno, del dolor, del que se sufre y del que se disfruta, de las mentiras que se sujetan a mi cuello y que sólo mi corazón elige creer, de la felicidad breve o a larga distancia, de las personas, de las palabras, de los momentos eternos y arrolladores siempre sujetos a las hojas de un libro, mi mejor amante. Elijo mi esclavitud a un a riesgo de mi libertad, de la independencia de mi misma, soy yo, el peor amo de mi persona, de los impulsos de madrugada, los mismos que me subyugan, los mismos que me definen. Sólo paseando sobre mis tacones, con mi rojo de labios en el bolso, mi negro eterno sobre la piel, que no sobre el corazón, mis ideas desacompasadas, extravagantes y en demasiadas ocasiones sin sentido, me siento enferma de vida, asolada por un estado febril de pasiones y onomatopeyas perversas que abrasan mi cuerpo y mis sentidos; sólo llena de mi, puedo ser mi mejor yo, para mi y para los que posean las agallas para no salir corriendo.

jueves, 8 de enero de 2015

Lambo a culler con caramelo paseniño,
non quero que remate esta sensación que tan hondamente me inculcou mamá,
faime lembrar que non son tan vella;
recupero sensacións antergas que a miña pel votaba de menos sen sabelo
e derrétome de emoción tal coma o doce que a miña lingua desfruta en cada curva da culler;
recórdame o placer de ser consciente de min,
de ser maior para disfrutar cousas prohibidas para un corpo infantil.
Ese sabor antigo bombardea os meus recordos e lémbrame o feliz que fun,
canto quixen e canto me quixeron,
qué longo e excitante foi o camiño ata aquí,
e que tódalas horas do mundo foron vividas apuradas ata a última gota.
Lenta e inexorablemente apuro o derradeiro anaco de caramelo,
xiro a esquina das miñas cabilacións
e deixo atrás a inquedanza gustosa do que non sabe que pasará mañán,
relámome por última vez procurando reter entre os meus beizos ese doce que só será infinito no recordo, obligándolle a miña lingua a prometerme que voltaremos atoparnos neste mesmo pracer.
Mañán serán outros os praceres,
outras as horas por vivir,
e eu seguirei apurándome para non perderme nada que me conmova o corazón.