martes, 23 de febrero de 2010

UN ADEUS E UN NEGRO NO CORAZÓN

Amizades vendidas a un alto interese
recompensado con verbas vacías
de agarimo e pudor persoal,
unha bágoa aderezando o proceso
e a falla de crédito dun vello coñecido de novo.
Dous minutos de desapego verbal
e todos os do mundo para a desconfianza.
Morrín un segundo contigo,
morriches eternamente no meu haber persoal,
aquel que te agarimou durante moito rato,
ese mesmo que hoxe te esquence por falla de pago.
Un adeus e ata sempre
vacío de compromiso para mañá.